Sorrisos e lágrimas
Filme de 1965 dirixido por Robert Wise / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sorrisos e lágrimas[2] (en inglés: The Sound of Music) é un filme de 1965 dirixido por Robert Wise e protagonizado por Julie Andrews e Christopher Plummer. Baseado no musical de Broadway do mesmo nome (con cancións escritas por Richard Rodgers e Oscar Hammerstein II) e cun guión de Ernest Lehman, o filme é unha adaptación da novela The Story of the Trapp Family Singers (A historia dos cantantes da familia Trapp), novela sobre a historia da verdadeira familia austríaca. Esta novela de Maria von Trapp tivo versión cinematográfica en 1956 co título Die Trapp-Familie. A rodaxe de Sorrisos e lagrimas tivo lugar en Salzburgo e nos estudios da 20th Century Fox en California. O filme gañou un Oscar ao Mellor Filme e é tamén un dos filmes musicais máis sona da historia. A imaxe de Austria nos Estados Unidos así coma en moitos outros países asiáticos e latinoamericanos foi, até hoxe en día, altamente influenciada polo filme.
Sorrisos e lágrimas | |
---|---|
Imaxe de Salzburgo, onde se ambienta o filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Sound of Music |
Director | Robert Wise |
Produtor | Robert Wise Saul Chaplin |
Guión | Ernest Lehman |
Baseado en | Musical The Sound of Music de Broadway, á súa vez na novela The Story of the Trapp Family Singers, baseada na historia real da familia. |
Intérpretes | Julie Andrews Christopher Plummer Eleanor Parker Peggy Wood Richard Haydn Nicholas Hammond Charmian Carr Daniel Truhitte |
Música | Richard Rodgers Oscar Hammerstein II |
Fotografía | Ted M McCord |
Montaxe | William Reynolds |
Estrea | Estados Unidos 1965 1992 (TVG) |
Duración | 170 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Musical, drama |
Orzamento | 8,2 millóns[1] |
Recadación | 286.214.286[1] |
Na rede | |