Solidaridad Obrera (Barcelona)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Solidaridad Obrera é un periódico e órgano de expresión da Confederación Rexional do Traballo de Cataluña e Baleares do sindicato anarquista CNT e portavoz dese sindicato en España.
Solidaridad Obrera (Barcelona) | |
---|---|
Fundación | 1907 |
Lingua | lingua castelá e varios idiomas |
Localidade | Barcelona |
ISSN | 1887-8660 |
Na rede | |
https://www.solidaridadobrera.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O periódico toma o nome de Solidaridad Obrera da organización que, a principios do século XX, en 1907, reorganizou o movemento obreiro en España baseándose na estrutura anterior da Federación de Traballadores da Rexión Española (FTRE). Este nome foi utilizado por numerosos órganos de expresión de movementos anarquistas e sindicalistas revolucionarios de varios paíes do mundo.
O periódico Solidaridad Obrera naceu o 19 de outubro de 1907 en Barcelona, como órgano de expresión da federación Solidaridad Obrera. Permaneceu activo, con diversas vicisitudes dependentes dos momentos históricos que viviu España, ata a actualidade, onde se mantén cunha edición online que comparte cunha de papel cunha tiraxe de 5.000 exemplares repartidos gratuitamente (gratuidade establecida en 2005).