Sistema AB0
From Wikipedia, the free encyclopedia
O sistema AB0 do sangue procede da clasificación do sangue segundo os seus antíxenos nos eritrocitos, unha molécula existente na membrana das células. A detección do tipo de molécula presente pode realizarse mediante dous métodos:
- fenotipo: combínase o sangue cun antisoro que contén anticorpos, outras moléculas que reaccionan cos antíxenos producindo unha reacción de aglutinación;
- xenotipo: buscando o patrón xenético que determina as proteínas que crean os antíxenos;
Os tres sistemas coñecidos habitualmente proceden da fenotipación dos grupos, pero existen outros subgrupos especiais que teñen reaccións distintas: por exemplo, existe un subgrupo dentro do A que só se pode detectar xenotipicamente, pois non presenta reacción ante o antisoro A.
O nivel de reacción é importante, sobre todo tras un primeiro contacto, pois daquela xa se produciron anticorpos no sistema inmmunitario do individuo receptor. Inda así, non é inmediato, como pode ser o caso do sistema Rhesus.
A súa distribución xeográfica no mundo é desigual e permite coñecer a evolución demográfica, xenética e migratoria das poboacións humanas. Utilízase en combinación coa tipoloxía lingüística para buscar a orixe da humanidade.