Setra
From Wikipedia, the free encyclopedia
Setra é unha marca de autocares para o transporte de pasaxeiros fabricados pola empresa EvoBus GmbH na súa planta de Neu-Ulm, Alemaña. Recentemente se converteu en filial de Daimler Truck AG.
O nome «Setra» provén da palabra en alemán «Selbsttragend» (autoportante), que fai referencia á característica integral utilizada na construción dos vehículos na década de 1950 cando as empresas competidoras aínda producían vehículos co chasis separado do corpo principal (os cales a miúdo eran fabricados por distintas empresas). É probable que a elección do nome tamén fose influenciada en estratexias de mercadotecnia para gañar mercados de exportación, xa que o nome «Kässbohrer» podía ser difícil de pronunciar para persoas que non falan a lingua alemá.
Até 1995 a empresa operou baixo o nome Kässbohrer-Setra, pero por mor de dificultades económicas ese ano foi vendida a Daimler-Benz AG, a que a partir de 1998 pasou a ser referida polo nome de DaimlerChrysler AG e posteriormente Daimler AG. Desde 1995, Setra é unha das marcas de EvoBus GmbH, empresa filial de Daimler Truck AG.