Serra de Béjar
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Serra de Béjar é un dos contrafortes do Sistema Central na provincia de Salamanca, Castela e León. Trátase dunha das bisbarras con maior sentido histórico-tradicional, xeográfico e cultural da provincia[1][2]. Os seus límites non se corresponden cunha división administrativa. A súa parte máis elevada fai de límite coas provincias de Ávila e Cáceres polo que nas bisbarras cacereñas do Val do Jerte e o Val do Ambroz así como a do Alto Tormes en Ávila, tamén se usa o topónimo Serra de Béjar para referirse ás súas vertentes.
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Salamanca | ||||
Capital | Béjar | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 22.319 (2010) (36,34 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 614,1 km² | ||||
Ten as súas raíces históricas en dous territorios diferenciados, o leonés Marquesado de Montemayor e o castelán Comunidade de Vila e Terra de Béjar, que se xuntaron tras a inclusión da maior parte do segundo na provincia de Salamanca. Esta operación levouse a cabo na división territorial de España en 1833 realizada por Javier de Burgos e sentou as bases das provincias actuais, que deron pé á organización destas en partidos xudiciais. Béjar constituíuse como cabeceira de partido en 1834 e é precisamente este feito o que dotou de sentido comarcal a toda a serra coa cidade de Béjar como capital e centro de servizos. O partido creado entón coincide coa bisbarra actual agás pola inclusión de Muíño, Pinedas e case todos os concellos do Alto Tormes. No século XX, partido e bisbarra empezáronse a diferenciar pois trala sucesiva perda de poboación na provincia salmantina, elimináronse os partidos xudiciais de Alba de Tormes, Ledesma e Sequeros, o que implicou o aumento de extensión do resto, entre eles o de Béjar[3].