Semivida (medicina)
From Wikipedia, the free encyclopedia
En medicina e farmacoloxía a semivida, hemivida, vida metade ou vida media de eliminación dun fármaco en sangue é o tempo que tarda en eliminarse o 50% da concentración plasmática acadada por unha dose dese fármaco. A semivida biolóxica é un parámetro farmacocinético moi importante, xeralmente denotada pola abreviación t1/2, e é fundamental para coñecer os intervalos de aplicación de dito fármaco.