Selección de rugby da Arxentina
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Selección de rugby da Arxentina, máis coñecida como Los Pumas, é a selección nacional de rugby da Arxentina. Actualmente, a pesar de que a Unión Arxentina de Rugby non posúe unha liga profesional, situación que cambiará no 2009, ocupa o quinto posto na clasificación mundial da IRB[1]. Actualmente, segundo esa clasificación, é a mellor selección de rugby en todo o continente americano, gañando até o momento en tódalas cinco edición disputadas do Campionato Panamericano de rugby e a integridade dos vinte e oito Campionatos Suramericanos que xogou excepto un en 1981, gañado por Uruguai.
Arxentina | |||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Os Pumas | ||
Emblema | Xaguar | ||
Unión | Unión Argentina de Rugby | ||
Adestrador | Mario Ledesma | ||
Capitán | Pablo Matera | ||
Mais caps | Agustin Creevy (148) | ||
Máximo anotador | Nicolás Sánchez (655) | ||
Máis ensaios | José Núñez Piossek (30) | ||
Estadio | José Amalfitani (49 540) | ||
| |||
Ranking World Rugby | |||
Actual | 10 (2 de decembro de 2019) | ||
Máximo | 3 (2008) | ||
Mínimo | 12 (2014) | ||
Estrea internacional | |||
Arxentina 3−28 Illas Británicas Buenos Aires, Arxentina; 12 de xuño de 1910 | |||
Maior vitoria | |||
Arxentina 152−0 Paraguai Mendoza, Arxentina; 1 de maio de 2002 | |||
Maior derrota | |||
Nova Zelandia 93−8 Arxentina Wellington, Nova Zelandia; 21 de xuño de 1997 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 8 (primeira en 1987) | ||
Mellor resultado | 3º (2007) |
Os Pumas disputaron até o mes de outubro de 2007 a suma de 279 partidos, dos cales gañaron 167, perderon 106 e empataron 6, o que dá un 59.86% de eficacia. Arxentina ostenta dúas marcas mundiais: son o equipo coa maior serie de vitorias consecutivas (20 entre 1960 e 1974) e posúen a maior marxe de puntos fronte a un rival (152 a 0 fronte a Paraguai o 1 de maio de 2002). Fronte ás nacións consideradas potencias deste deporte, Arxentina bateu a todas polo menos unha vez, coa excepción de Suráfrica e Nova Zelandia. O seu mellor resultado contra os All Blacks foi un empate obtido en 1985 en Buenos Aires, no estadio de Ferro Carril Oeste.