Segunda Federación
Cuarta categoría do fútbol masculino en España / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Segunda Federación[1], coñecida tamén como Segunda División RFEF, ou Segunda B - Segunda RFEF[2], é o cuarto nivel do sistema de ligas de fútbol masculino de España. É a categoría posterior á Primeira Federación e anterior á Terceira Federación. A súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol, e de aí que lle dea nome (RFEF).
Segunda Federación División | |
---|---|
Fundación | 2021 |
Rexión | España |
Equipos | 90 |
Descenso | Terceira División |
Máis laureado | Pontevedra CF • Osasuna B • CD Numancia • Córdoba CF • CF Intercity (1 título cada un) |
Organizador | RFEF |
Sitio web | Segunda RFEF |
Segunda Federación 2022/23 |
- Para ver a competición de nome semellante que existía ata 2021, véxase Segunda División B.
Naceu na temporada 2021-22, a partir dos equipos peor clasificados na extinta Segunda división B e dos mellores de Terceira división, na reorganización[3] que xurdiu como consecuencia das dificultades competitivas que trouxo a covid-19 aos equipos semiprofesionais e afeccionados (supresión de descensos, mantemento de ascensos, e polo tanto aumento de equipos nas competicións superiores).
Na temporada 2022-23, a Segunda Federación ten cinco grupos con cadanseus 18 equipos; os equipos galegos atópanse encadrados no primeiro deles, a canda outros doutras comunidades autónomas veciñas. O seu status é semiprofesional.