Saxitario (astroloxía)
noveno signo astrolóxico do zodíaco / From Wikipedia, the free encyclopedia
Saxitario[1] (♐︎) é o noveno signo astrolóxico do zodíaco, o primeiro de natureza positiva e de calidade mutábel.[2][3] Simboliza a conciencia superior e o seu símbolo representa a frecha do arqueiro, pertencendo xunto a Carneiro e León ó elemento lume.[4] A mitoloxía grega asocia a Saxitario co centauro Quirón, quen foi mentor de Aquiles, un heroe da guerra de Troia, na arte do tiro con arco.[5] Está rexido por Xúpiter. O seu signo oposto e complementario é Xémini.[6]
Datos rápidos Símbolo zodiacal, Duración (Tropical) ...
Saxitario | |
---|---|
Símbolo zodiacal | O arqueiro (centauro) |
Duración (Tropical) | 21 de novembro - 21 de decembro (2024, UTC) |
Duración (Sideral, hindú) | 16 de decembro - 20 de xaneiro (2024, UTC) |
Constelación | Saxitario |
Elemento | Lume |
Calidade zodiacal | Mutábel ou dobre |
Domicilio | Xúpiter |
Detrimento | Mercurio |
Exaltación | Nodo sur e Eris |
Caída | Nodo norte e Ceres |
Pechar
Considérase que alguén é do signo Saxitario cando nace entre o 21 de novembro e o 21 de decembro.[7]