San Xosé, Costa Rica
cidade de Costa Rica, capital do país / From Wikipedia, the free encyclopedia
San Xosé (en castelán San José) é a capital e a cidade principal de Costa Rica. É tamén a capital da provincia homónima. Está situada no centro do país, nun planalto montañoso a 1.161 m sobre o nivel do mar, o que tempera o clima tropical do territorio.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
San José (es) | ||||
Nomeado en referencia a | Xosé de Nazaret | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Costa Rica | |||
Província da Costa Rica (pt) | Provincia de San José | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 288.054 (2011) (6.455,71 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 44,62 km² | |||
Altitude | 1.161 m | |||
Creación | 21 de maio de 1737 | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Johnny Araya Monge (pt) (2016–) | |||
Membro de | Rede de cidades creativas (2019–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 506 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | msj.go.cr |
Consonte o censo do ano 2006, o municipio (cantón) de San Xosé tiña 339.588 habitantes, cosa que indica o seu rápido medramento os últimos anos, xa que en 1950 apenas alcanzaba os 87.000. Mais a área metropolitana supera os 2.500.000 de habitantes.
En 1843 estabeleceuse a Universidade de Costa Rica, hoxe denominada "Universidade de Santo Tomás". San Xosé é tamén a sede do Tribunal Interamericano de Dereitos Humanos. As conexións aéreas co resto do mundo realízanse a través do Aeroporto Internacional Juan Santamaría, localizado a 23 km ao oeste do centro urbano, preto da localidade de Alajuela.