Sainte-Chapelle
igrexa de París / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Sainte-Chapelle (Santa Capela en galego ou co nome completo Capela real da Île de la Cité) é unha capela gótica situada na Île de la Cité (Illa da Cidade) no centro de París (Francia), construída no século XIII por Lois IX (San Lois). Foi proxectada en 1241, iniciada en 1246 e concluída moi axiña, sendo consagrada en abril de 1248. Está considerada unha das obras principais do período radiante da arquitectura gótica. Foi construída para acoller as reliquias adquiridas polo rei Lois IX, polo que foi considerada coma un enorme relicario. As paredes foron substituídas por grandes fiestras que filtran a luz grazas ás vidreiras polícromas.