Roxette
dúo pop sueco / From Wikipedia, the free encyclopedia
Roxette foi un dúo sueco formado por Per Håkan Gessle e Gun-Marie Fredriksson. Venderon 75 millóns de discos e singles, catro dos cales chegaron a primeira posición no Billboard de Estados Unidos e foron a primeira banda de fala non inglesa en gravar un unplugged para a MTV. Se ben o grupo fundouse no 1986, a fama internacional chegou en 1989 cando a canción The Look os elevou a cima das principais listas musicais; e logo pola súa participación en Pretty Woman coa canción It Must Have Been Love, na súa segunda versión editada especialmente para este filme. Ademais escribiron cancións para outras películas como Almost Unreal para Super Mario Bros e Stupid para Spun.
Datos rápidos Orixe, Período ...
Roxette | |
---|---|
Orixe | Halmstad, Östra-Ljungby, Suecia |
Período | 1986 - 2016 |
Xénero(s) | pop, rock |
Selo(s) discográfico(s) | EMI Music e Edel Music |
Membros | Per Håkan Gessle, Gun-Marie Fredriksson |
Na rede | |
Páxina Oficial | |
Pechar