Revolución húngara de 1848
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Revolución húngara de 1848 foi unha das moitas revolucións dese ano e estivo estreitamente relacionada coas revolucións na área dos Habsburgos e Borbóns. A diferenza das outras, a revolución en Hungría chegou a converterse nunha guerra pola independencia húngara do Imperio austríaco. Por iso, con posterioridade este feito converteuse nun dos fitos históricos do nacionalismo húngaro. Moitos dos seus líderes, incluíndo a Lajos Kossuth, Sándor Petőfi e Mór Jókai, son das maiores figuras nacionais na Historia húngara, e o aniversario do día en que comezou a revolución, o 15 de marzo, é un dos tres días festivos nacionais.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Revolución húngara.