Revolución galega de 1846
From Wikipedia, the free encyclopedia
Revolución galega de 1846,[1] levantamento de 1846,[2][3] pronunciamento de 1846[4][5] ou sublevación liberal de 1846,[6] son os nomes que recibe a revolta iniciada co pronunciamento do comandante Miguel Solís, o 2 de abril de 1846 en Lugo, contra o goberno conservador do xeneral Narváez.[lower-alpha 1] O alzamento aspiraba a obter un rápido triunfo en Galicia que se estendese a seguir polo resto do estado. Porén, nin conseguiu sumar todas as cidades galegas nin foi imitado noutras partes de España. O día 23 de abril, o exército enviado polo goberno madrileño derrotou as forzas rebeldes na batalla de Cacheiras, o que supuxo o fin da revolta. A meirande parte dos revolucionarios exiliáronse ou foron dar á cadea. Miguel Solís e outros once militares foron fusilados na vila de Carral.
Revolución galega de 1846 | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Ilustración do libro La revolución gallega de 1846 de Francisco Tettamancy. | |||||||
|