Revolución armenia de 2018
From Wikipedia, the free encyclopedia
A revolución armenia de 2018 (máis coñecida en Armenia como #MerzhirSerzhin (en armenio: ՄերժիրՍերժին), que significa #RexeitaSerzh) consistiu nunha serie de manifestacións convocadas en abril de 2018. Leváronse a cabo manifestacións nas que participaron decenas de miles de persoas en Armenia, particularmente na capital, Iereván. O seu líder foi o principal opositor do goberno, Nikol Pashinyan, quen dende o 23 de abril é o primeiro ministro do país, e que chegou a denominar o movemento como a revolución de Veludo armenia (Թավշյա հեղափոխություն).[1] As protestas e as marchas ían en contra do terceiro mandato consecutivo de Serzh Sargsyan como a figura máis poderosa do goberno da República de Armenia. Sargsyan fora elixidido primeiro ministro o 17 de abril, mais seis días despois da súa toma de posesión, dimitiu por mor das protestas[2][3] e recoñeceu que "estaba trabucado, mentres que Nikol Pashinyan tiñan razón".[4][5] Este feito foi declarado por algúns analistas como unha revolución non-violenta similar a outras acontecidas en antigos estados soviéticos.[6][7]
Este artigo amosa escritos armenios. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |