Reserva das Seis Nacións
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Reserva das Seis Nacións (ou as Seis Nacións do Gran Río) é a meirande banda das Primeiras Nacións do Canadá cun total de 25.660 membros, dos cales, 12.271 viven na propia reserva. É a única das reservas indias de Norte América que ten seis nacións de iroqueses vivindo xuntas. As nacións da reserva son os mohawk, os cayuga, os onondaga, os oneida, os seneca e os tuscarora. Tamén hai algúns delaware vivindo no territorio.
Datos rápidos Localización, Xeografía ...
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Canadá | |||
Provincia | Ontario | |||
Xeografía | ||||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | N0A | |||
Páxina web | sixnations.ca |
Pechar
A reserva das Seis Nacións ten unha área de 190km², que representa aproximadamente o 5% dos 3.800km2 de terras que lles foron concedidas segundo o Tratado de Haldimand de 1784.[1]