Replisoma
From Wikipedia, the free encyclopedia
O replisoma é unha complexa máquina molecular que leva a cabo a replicación do ADN. En primeiro lugar o replisoma desenrola o ADN bicatenario en dúas febras monocatenarias. Para cada unha das febras simples resultantes, sintetízase unha nova secuencia complementaria de ADN. O resultado neto é a formación de dúas novas secuencias de ADN bicatenarias que son copias exactas da secuencia bicatenaria orixinal de ADN.
En canto á súa estrutura, o replisoma está composto por dous complexos de ADN polimerase replicativos, un dos cales sintetiza a febra líder, mentres que a outra sintetiza a febra retardada. O replisoma está composto por varias proteínas como a helicase, RFC, PCNA, xirase/topoisomerase, SSB/RPA, primase, ADN polimerase III, RNase H, e ligase.