República Autónoma do Epiro do Norte
república desaparecida de Europa / From Wikipedia, the free encyclopedia
A República Autónoma do Epiro do Norte (en grego: Αὐτόνομος Δημοκρατία τῆς Βορείου Ἠπείρου; Aftónomos Dimokratía tis Voreíou Ipeírou) foi unha entidade política autogobernada de curta duración. Foi fundada a raíz das guerras dos Balcáns o 28 de febreiro de 1914 polos gregos que vivían no sur de Albania.
Himno | Imnos is tin Eleftherian | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Gjirokastër | ||||
Escindido de | Albânia independente (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 228.000 (1913) | ||||
Lingua oficial | lingua grega | ||||
Relixión | Igrexa ortodoxa | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 28 de febreiro de 1914 | ||||
Disolución | 27 de outubro de 1914 | ||||
Sucedido por | Reino de Grecia | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | goberno provisional | ||||
A área, coñecida como Epiro do Norte (en grego: Βόρειος Ήπειρος) polos gregos e cunha substancial poboación grega, foi conquistada polo exército grego ao Imperio Otomán durante a primeira guerra balcánica (1912–1913). Porén, o Protocolo de Florencia asigou ese territorio ao estado albanés acabado de crear. Esta decisión foi rexeitada polos gregos locais, e cando o exército grego se retirou á nova fronteira, estabeleceuse un goberno autónomo en Argyrokastron (en grego: Αργυρόκαστρον, hoxe Gjirokastër), baixo o liderado de Georgios Christakis-Zografos, un distinguido grego local e exministro de Relacións Exteriores, e co apoio tácito de Grecia.[1]
En maio, as grandes potencias confirmaron a autonomía co Protocolo de Corfú. O acordo aseguraba que a rexión tería a súa propia administración, recoñecía os dereitos da poboación local e prevía o autogoberno baixo a soberanía nominal albanesa. Porén, nunca se implementou porque en agosto o goberno albanés colapsou. O exército grego volveu ocupar a área en outubro de 1914 despois de estoupar a primeira guerra mundial. Planeouse que o Epiro do Norte sería cedido a Grecia despois da guerra, mais a retirada do apoio italiano e a derrota de Grecia na Campaña de Asia Menor deron como resultado a cesión a Albania en novembro de 1921.[2]