Reinos da Commonwealth de Nacións
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un Reino da Commonwealth é un estado soberano no cal a Raíña Isabel II é a monarca constitucional reinante e xefa de Estado. Cada reino é independente dos outros. Hai 15 reinos da Commonwealth: Antiga e Barbuda, Australia, as Bahamas, Belize, o Canadá, Granada, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, as Illas Salomón Santa Lucia, San Vicente e as Granadinas, Tuvalu, o Reino Unido e Xamaica. Os 15 reinos da Commonwealth son membros da Commonwealth de Nacións, unha organización intergubernamental de 53 estados membros. Isabel II é a Xefa da Commonwealth.
Na coroación de Isabel II en 1952, usouse o termo realms (reinos) para describir os sete estados soberanos dos cales era raíña (o Reino Unido, Canadá, Australia, Nova Zelandia, Suráfrica, Paquistán e Ceilán). Dende entón, os novos reinos foron creados por independencia das antigas colonias e algúns reinos convertéronse en repúblicas.