![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9f/Flag_of_Finland_%25281918%25E2%2580%25931920%2529.svg/langgl-640px-Flag_of_Finland_%25281918%25E2%2580%25931920%2529.svg.png&w=640&q=50)
Reino de Finlandia (1918)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O reino de Finlandia, foi un proxecto de monarquía constitucional que tratou de establecerse en Finlandia en 1918 baixo a forma de estado cliente de Alemaña.
Suomen kuningaskuntahanke (fi) ![]() | |||||
Himno | Maamme ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Helsinqui (1918–1918) ![]() | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua finesa lingua sueca ![]() | ||||
Relixión | Protestantismo e catolicismo ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 9 de outubro de 1918 ![]() | ||||
Disolución | 17 de xullo de 1919 ![]() | ||||
Sucedido por | Finlandia ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | rexencia monarquía constitucional ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento de Finlandia , (Escano: 200) ![]() | ||||
Moeda | Marco finlandés ![]() | ||||
Tras a declaración de independencia, Finlandia deixara de ser un Gran Ducado dependente do Imperio ruso, para converterse nun estado independente e soberano. En xaneiro de 1918 o caos social que se vivía no país desembocou nunha guerra civil na que se enfrontaron os revolucionarios socialistas e socialdemócratas, apoiados pola Rusia soviética, contra os conservadores, apoiados polo Imperio alemán. En marzo de 1918 o Imperio alemán interveu na guerra civil e a súa influencia provocou que o 9 de outubro de 1918 o parlamento elixira como monarca ao príncipe Frederico Carlos de Hesse-Kassel, Landgrave de Hesse, da casa de Hesse-Kassel, quen foi coroado como Carlos I de Finlandia. Este renunciou ao trono o 14 de decembro de 1918, tras o cal Finlandia adoptou unha constitución republicana.