Reino de Afganistán
antigo reino en Asia central / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Reino de Afganistán (en paxto: د افغانستان واکمنان Dǝ Afġānistān wākmanān; en dari: پادشاهي افغانستان) foi o período monárquico no moderno Afganistán estabelecido por Dost Mohammad Khan en 1826 trala caída de Ayub Shah Durrani en 1823, gobernante do Imperio Durrani (aínda que o nome oficial deste imperio tamén era Reino de Afganistán, o seu territorio era moito máis extenso).[1] A monarquía afgá deixou de existir en 1973, cando o derradeiro rei foi derrocado e quedou a vivir no exilio.
Este artigo amosa escritos paxtos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |