Refuxiados butaneses
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os refuxiados butaneses son lhotshampa ("sureños"), un grupo de butaneses de fala nepalesa. Estes refuxiados rexistráronse nos campos de refuxiados do leste do Nepal durante a década de 1990 como cidadáns butaneses deportados de Bután por mor das protesta contra as medidas opresivas do goberno butanés por parte dalgúns dos lhotshampas, os cales esixiron dereitos humanos e democracia en Bután. Como o Nepal e Bután aínda teñen que aplicar un acordo de repatriación, moitos refuxiados butaneses reinstaláronse dende entón en América do Norte, Oceanía e Europa baixo os auspicios da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados. Moitos refuxiados lhotshampa tamén emigraron a áreas de Bengala Occidental e Assam, na India.