Real portugués
unidade de moeda de Portugal desde preto de 1430 ata 1911 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O real (plural: reais, que máis tarde se popularizou en portugués como réis) foi a unidade de moeda de Portugal desde preto de 1430 ata 1911. Substituíu o diñeiro coa taxa de 1 real = 840 diñeiros e foi substituído despois polo escudo, como resultado da implantación da República en 1910, cunha taxa de 1000 reais (réis) = 1 escudo.
- Para outras moedas coa denominación de "real", véxase a páxina de homónimos Real.
Esta moeda foi utilizada en todas as colonias portuguesas durante os séculos XVI, XVII, XVIII e XIX.