Real e Venerable Irmandade do Santísimo Sacramento de Mafra
Asociación pública de fieis católicos, establecida canónicamente na Real Basílica de Nosa Señora e Santo Antonio de Mafra, en Portugal. / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Real e Venerable Irmandade do Santísimo Sacramento de Mafra (Real e Venerável Irmandade do Santíssimo Sacramento de Mafra, en portugués) é unha asociación pública de fieis católicos, establecida canonicamente na Real Basílica de Nosa Señora e Santo Antonio de Mafra, en Portugal, clasificada pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade[1].
Real e Venerable Irmandade do Santísimo Sacramento de Mafra | |
---|---|
Selo da Real e Venerable Irmandade do Santísimo Sacramento de Mafra | |
Asociación pública de fieis católicos da Igrexa católica | |
Historia | |
Fundación | século XVI |
Outros datos | |
Sede central | Mafra, Portugal |
Páxina web |
A súa misión é, entre outras cousas, promover a Festa do Corpus Christi e a súa procesión, así como levar a cabo as catro procesións tradicionais de Coresma de Mafra: a Procesión da Paixón (Procissão do Senhor Jesus dos Passos de Mafra, en portugués), que ten lugar o segundo domingo da Coresma; a Procesión de Penitencia da Orde Terceira de San Francisco (Procissão de Penitência da Ordem Terceira de São Francisco, en portugués), que ten lugar o cuarto domingo da Coresma; a Procesión das Sete Dolores da Nosa Señora (Procissão das Sete Dores de Nossa Senhora, en portugués), que ten lugar o Domingo de Ramos; e a Procesión do Enterro do Señor (Procissão do Enterro do Senhor, en portugués), que ten lugar o Venres Santo.
A Irmandade conta cunha colección patrimonial, artística, documental e cultural de gran valor. O conxunto de imaxes de procesión custodiado por esta Irmandade é o máis numeroso de Portugal. A maior parte destas imaxes seguen utilizándose en funcións relixiosas organizadas pola Irmandade.
Parte das cerimonias e funcións relixiosas da Irmandade teñen lugar ao son dos seis órganos de tubos históricos da Real Basílica de Mafra, tres dos cales foron construídos polo galego Joaquim Antonio Peres Fontanes.
Na actualidade é unha das institucións máis antigas do municipio de Mafra[2].