Raxó, Poio
parroquia civil do concello de Poio / From Wikipedia, the free encyclopedia
San Gregorio de Raxó é unha parroquia do concello de Poio, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 1.218 habitantes (585 homes e 633 mulleres).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Raxó.
Datos rápidos San Gregorio de Raxó, Concello ...
San Gregorio de Raxó | |
---|---|
igrexa parroquial | |
Concello | Poio[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°24′14″N 8°45′04″O |
Área | 1,8 km² |
Poboación | 1.218 hab. (2022) |
Densidade | 676,67 hab./km² |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Con 1.8 km² é a parroquia máis pequena do concello. Dista 8,5 km da casa consistorial. Ten once entidades de poboación: A Igrexa, Caneliñas, Espedregada, Lameiriña, Outeiro, Praia, Portería, O Rego, Serpe, Terradepedra e Valdemós. Porén, debido ó desenvolvemento urbano o IGE conta só dous núcleos, Raxó e Serpe.