Río Weser
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Weser é un importante río de Alemaña que se orixina da unión, preto de Hannoversch Münden, na Baixa Saxonia, dos ríos Fulda, que pasa pola cidade homónima, e Werra. O sistema Weser/Fulda alcanza unha lonxitude de 650 km, entanto os sistema Weser/Werra 744 km. O Weser desauga no Mar do Norte.
Datos rápidos País, Nacemento ...
Río Weser | |
---|---|
Vista do Weser en Polle, km. 92 de curso | |
País | Alemaña |
Nacemento | Hannoversch Münden:unión do Werra e Fulda |
Lonxitude | 452 km (con Werra 744 km) |
Conca | 41.094 km² |
Caudal medio | 327 m³/s |
Desembocadura | Mar do Norte |
Mapa do río Weser | |
Pechar
Xunto co Ems, o Weser é o outro gran curso de auga que flúe enteiramente por territorio alemán. Desde a unión dos ríos que o forman Weser atravesa os estados de Hessen, Renania do Norte-Westfalia, Baixa Saxonia e Bremen, servindo de límite fluvial entre estes dous últimos. A súa conca esténdese tamén por partes de Turinxia e Saxonia-Anhalt.