Río Ilí
río da Asia Central / From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Ilí (en casaco, Іле, İle; en ruso, Или Yly; en chinés 伊犁河; en pinyin Yīlí Hé; en uigur ئىلى دەرياسى Ili deryasi) é un longo río endorreico da Asia Central, o principal afluente do lago Balkhash, que discorre pola parte noroeste da República Popular da China e polo sueste de Casaquistán.
Datos rápidos País, Rexión ...
Río Ilí | |
---|---|
Vista do río Ilí | |
País | China Casaquistán |
Rexión | Xinjiang (China) Provincia de Almati (Casaquistán) |
Nacemento | Confluencia dos ríos Tekes e Kunges |
Altitude | 3 540 m |
Lonxitude | 1 439 km |
Conca | 140 000 km² |
Caudal medio | s/d |
Desembocadura | Lago Balkhash |
Altitude desembocadura | s/d |
Cadea fluvial | ríos Kax e Charyn |
Localización do río Ilí na conca do lago Balkhash | |
Pechar
Ten unha lonxitude de 1 439 km —dos que 815 corresponde a Casaquistán— e drena unha gran conca de 140 000 km². As súas augas empréganse para usos humanos e isto reduciu o seu caudal de forma considerábel.