Río Ienisei
río que flúe a través de Rusia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ienisei (en ruso Енисей) é un longo río da Federación Rusa en Siberia, que flúe en dirección norte a través das repúblicas de Tuva e Khakassia, e o krai de Krasnoiarsk até desembocar no golfo homónimo, no mar de Kara (océano Ártico).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ienisei.
Datos rápidos Río Ienisei Река Енисей (en ruso), País ...
Río Ienisei Река Енисей (en ruso) | |
---|---|
O río Ienisei ao seu paso por Krasnoiarsk | |
País | Rusia Mongolia |
República dos Tuva, Repúbica de Khakassia, Krai de Krasnoiarsk | |
Nacemento | Confluencia dos ríos Grande Ienisei e Pequeno Ienisei |
Altitude | 3 351 m |
Lonxitude | 4 093 km |
Conca | río Ienisei (2 580 000 km²) |
Caudal medio | 19 600 m³/s |
Desembocadura | Golfo do Ienisei, no mar de Kara |
Mapa da conca do Ienisei. Na parte inferior pode verse o curso do río Selenga e, por riba do lago Baikal, o do río Angara superior. | |
Pechar
É o central dos tres grandes ríos siberianos que desembocan no océano Ártico (os outros dous son o Obi e o Lena. Nacido en Mongolia, segue un curso cara ao norte, até desembocar no golfo do Ienisei, no mar de Kara, drenando unha gran parte do centro de Siberia.