Ría de Bilbao
From Wikipedia, the free encyclopedia
A ría de Bilbao (tamén coñecida como ría do Nervión ou do Ibaizabal) é a desembocadura que forma o sistema dos ríos Nervión e Ibaizabal, así como os seus últimos afluentes, na súa chegada ao mar Cantábrico, no golfo de Biscaia. Atravesa Bilbao, dividindo a cidade en dúas: á dereita, a Zona vella (ou Sete Rúas) e, á esquerda, o Ensanche.
Pasando a xurisdición de Bilbao, prolóngase 14 km ata a súa desembocadura no mar, no municipio de Santurtzi.