Quebraosos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O quebraosos[2][3][4] ou crebaosos[5][6] (Gypaetus barbatus) é unha ave de rapina da famila Accipitridae. A envergadura das súas ás, que pode acadar 2,9 metros, fan del unha das meirandes aves voadoras. Con só entre 225 e 250 parellas reprodutoras é unha das aves de rapina máis escasas de Europa.
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Quebraosos | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Gypaetus barbatus (Linnaeus, 1758) |
Pechar
A última cita documentada en Galicia data de xullo de 1858 polo que pode considerarse extinguida na nosa comunidade[7].