Proxección cartográfica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A proxección cartográfica ou proxección xeográfica é un sistema de representación gráfica que establece unha relación ordenada entre os puntos da superficie curva da Terra e os dunha superficie plana (mapa). Estes puntos localízanse axudándose dunha rede de meridianos e paralelos, en forma de malla. A única forma de evitar as distorsións desta proxección sería usando un mapa xeodésico, aínda que a distorsión é minimizada representando un mapa esférico.
Nun sistema de coordenadas proxectadas, os puntos identifícanse polas coordenadas cartesianas (x e y) nunha malla cunha orixe que depende dos casos. Este tipo de coordenadas obtéñense matematicamente a partir das coordenadas xeográficas (lonxitude e latitude), que non son proxectadas.[1]
As representacións planas da esfera terrestre chámanse mapas, e os encargados de elaboralos ou especialistas en cartografía denomínanse cartógrafos.