Rexión de Murcia
Comunidade autónoma de España situada no levante, na costa do Mediterráneo. / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Rexión de Murcia (en castelán: Región de Murcia, en valenciano: Regió de Múrcia) é unha comunidade autónoma uniprovincial de España situada no sueste da Península Ibérica. Limita ao norte con Castela-A Mancha, ao sur co mar Mediterráneo, ao oeste con Andalucía e ao leste coa Comunidade Valenciana.
Región de Murcia (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Capital | Murcia | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.518.486 (2021) (134,22 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 11.313 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 348 m | ||||
Punto máis alto | Macizo de Revolcadores (2.014 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1982 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Goberno da Rexión de Murcia | ||||
• Presidente da Rexión | Fernando López Miras (2017–) | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Rexional de Murcia , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ES-MC | ||||
Código NUTS | ES62 | ||||
Código INE | 30 | ||||
Páxina web | carm.es |
Trátase dunha rexión histórica do sueste de España, herdeira do antigo Reino de Murcia, que tradicionalmente comprendeu as provincias de Albacete e Murcia. Durante a Transición, Albacete quedou integrada na nova Castela-A Mancha, formándose a actual autonomía uniprovincial.
A súa capital e cidade máis poboada é Murcia, que é sede dos órganos institucionais rexionais, agás a Asemblea Rexional de Murcia, que se atopa en Cartaxena, segunda cidade en importancia. Algo menos dun terzo da poboación total da Rexión vive na cidade de Murcia, mentre que esta cidade xunto con Cartaxena e Lorca aglutinan a metade da poboación.
A rexión é unha das maiores produtoras de froitas, verduras e flores de Europa, con viñedos importantes nos municipios de Jumilla, Bullas e Yecla, que posúen denominación de orixe. O seu territorio é cálido e na súa maioría semiárido; a pesar diso, a súa agricultura é tradicionalmente de regadío. Tamén é importante o sector turístico, especialmente concentrado na costa, así como as industrias petroquímica, enerxética e alimentaria.