Provincia de Misiones
provincia da Arxentina / From Wikipedia, the free encyclopedia
A provincia de Misiones é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 1.101.593 habitantes (2010) e a súa capital é Posadas. Situada no nordeste do país, é a segunda provincia máis pequena do estado con 29.801 km², superando tan só a Tucumán. No 2008 a súa poboación alcanzaba 1.077.981 habitantes.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Pechar
Misiones debe o seu nome ás misións xesuítas estabelecidas no seu territorio (reducións) e gobernadas por eles até o ano 1767, data na que foron expulsados dos territorios da coroa española.