Provincia de Güiana
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Provincia de Güiana (en castelán, Provincia de Guayana)[1] é unha das provincias históricas que se constituíron durante o período colonial español e que terminaría formando parte integral da Capitanía Xeneral de Venezuela despois da súa creación en 1777.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Güiana (homónimos).
Máis tarde formou parte da Gran Colombia e, unha vez que este país desapareceu, da República de Venezuela.
Abarcaba un territorio que comprende os actuais estados venezolanos de Bolívar, Delta Amacuro e Amazonas, así como a actual zona en reclamación da Güiana Esequiba (Guayana Esequiba) e parte de Pacaraima e Pirara, no Brasil.