Provincia de Chimborazo
From Wikipedia, the free encyclopedia
A provincia de Chimborazo, é unha das 24 provincias de Ecuador, situada na zona central do corredor transandino. É coñecida como provincia das altas cumes, debido a que nela se encontran varias das cumes máis elevadas do país, como o Carihuayrazo, o Altar, o Igualata, o Tungurahua, o Sangay, entre outros, que nalgúns casos comparte con outras provincias. Na cordilleira occidental encóntrase o volcán Chimborazo, que dá nome á provincia e cunha altura de 6.310 msnm, é o de máis altura do país. A provincia ten unha superficie próxima ós 6.500 km² e ten unha poboación total de 509.352 habitantes, sendo a novena provincia máis poboada de Ecuador. A capital da provincia é a cidade de Riobamba, unha das máis importantes do país, coñecida como a Sultana de los Andes, que está situada no centro-norte da mesma, a unha altitude de 2.750 msnm.
Himno | Q19445345 | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Ecuador | ||||
Capital | Riobamba | ||||
Contén a división administrativa | Alausí (pt) Cantón Chambo Chunchi (pt) Colta Cumandá (pt) Guamote Guano (pt) Pallatanga (pt) Penipe (pt) Riobamba | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 471.933 (2022) (72,61 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá Lingua quichua | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 6.499,72 km² | ||||
Altitude | 3.642 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 25 de xuño de 1824 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | EC06 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | EC-H | ||||
Páxina web | chimborazo.gob.ec |