Prostíbulo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un prostíbulo[1], bordel[2] ou mancebía[3] é o lugar no que se practica a prostitución. A pesar de que hai moitas diferenzas, os bordeis «clásicos» teñen dous elementos comúns: un bar no que os clientes descansan e se relaxan e unha serie de habitacións nas que as prostitutas practican sexo cos clientes.
Hai estados do mundo onde os prostíbulos son legais e están suxeitos a unha regulación, como por exemplo nos Países Baixos ou Alemaña.[Cómpre referencia]