Prisión de Maze
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Prisión de Maze (en inglés: Her Majesty's Prison Maze, tamén coñecida como The Maze, o Bloque-H ou Long Kesh) foi un cárcere de Irlanda do Norte no que se recluían terroristas e paramilitares unionistas e republicanos durante o conflito de Irlanda do Norte, dende 1971 a 2000.
Prisión de Maze | |
---|---|
Prisión de Maze | |
Coordenadas | 54°29′19″N 6°06′27″O |
[ editar datos en Wikidata ] |
Estaba situada no antigo centro de detención da Royal Air Force de Long Kesh, nos arredores de Lisburn. Estaba no townland de Maze, a uns catorce quilómetros ó suroeste de Belfast. A prisión e os seus presos xogaron un papel salientado na historia das últimas décadas do século XX en Irlanda, particularmente durante a folga de fame de 1981 de prisioneiros da IRA. A prisión foi pechada en 2000; a súa demolición comezou o 30 de outubro de 2006, pero dende 2010 as obras detivéronse.[1][2][3]