Primeiro ministro de Eslovenia
cargo político / From Wikipedia, the free encyclopedia
O primeiro ministro de Eslovenia, oficialmente presidente do Goberno da República de Eslovenia (en esloveno: 'Predsednik Vlade Republike Slovenije'), é o xefe de goberno de Eslovenia.
Designado por | Asemblea Nacional |
---|---|
Nomeado por | Presidente de Eslovenia |
Creación | 31 de outubro de 1918 como primeiro ministro do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos 16 de maio de 1990 como Presidente do Goberno da República Eslovena |
Primeiro titular | Josip Pogačnik como primeiro ministro do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos
Lojze Peterle como Presidente do Goberno da República Eslovena |
Houbo novo primeiros ministros dende que o país se converteu nun sistema parlamentario en 1989 e se independizou en 1991.
O primeiro ministro é nomeado polo presidente logo de consultar cos partidos representados na Asemblea Nacional. É elixido formalmente por maioría simple da Asemblea Nacional. Se ningún candidato recibe maioría, deberase realizar un novo voto antes de 14 días. Se ningún candidato recibe maioría tras esta rolda, o presidente deberá disolver a lexislatura e convocar novas eleccións parlamentarias a non ser que a Asemblea Nacional acepte celebrar unha terceira rolda. Se ningún candidato é elixido despois dunha terceira rolda, a lexislatura disólvese automaticamente á espera de novas eleccións.
Na práctica, dado que o primeiro ministro debe comandar unha maioría da Asemblea Nacional para gobernar, acostuma a ser o líder do partido maioritario na Asemblea Nacional ou o líder do socio maior na coalición de goberno. A Asemblea Nacional só pode retirar o seu apoio a un primeiro ministro mediante unha moción de censura construtiva, é dicir, unha moción de censura que non ten efecto sen que o futuro sucesor teña o apoio dunha maioría da cámara. O primeiro ministro é tamén presidente do Consello de Seguridade Nacional.