Preito Tabera - Fonseca
arbitraxe entre Alonso III de Fonseca e Juan Tabera / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Preito Tabera - Fonseca foi unha arbitraxe ou concordia que tivo lugar entre o arcebispo de Compostela Alonso III de Fonseca, e o seu sucesor no cargo Juan Tabera. Trátase dunha fonte documental fundamental para o coñecemento do patrimonio do arcebispado nos séculos XV e XVI e dos feitos relacionados coas revoltas irmandiñas e os conflitos señoriais do convulso século XV galego.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |