Praia Grande de Miño
areal en Miño / From Wikipedia, the free encyclopedia
A praia Grande de Miño é un areal da ría de Betanzos, pertencente ao concello de Miño. A praia pecha unhas marismas polas que desemboca o río Baxoi nun dos extremos da praia. Ao longo de todo o areal hai un paseo peonil e no medio dela hai un pequeno monte de piñeiros. A praia ten bandeira azul dende 1984. Ten aceso directo á AP-9.
Datos rápidos Características xerais, Localización ...
Praia Grande de Miño | |
---|---|
Praia Grande de Miño, en primeiro termo o río Baxoi. | |
Características xerais | |
Localización | Miño |
Lonxitude | 1.300 m. |
Largo medio | 33 m |
Grao de ocupación | Alta |
Grao de urbanización | Urbana |
Paseo marítimo | |
Características específicas | |
Tipo de area | Branca e grosa |
Condicións do baño | |
Aspectos medioambientais | |
Presenza de vexetación | Si |
Bandeira Azul | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Policía local | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Accesible a discapacitados | |
Tipo de acceso | Peonil con aparcadoiros. |
Sinalización do acceso |
Pechar
En 2012 e 2013 foi elixida polos lectores de 20 minutos como o mellor areal de España.[1][2]
En 2016 a praia de Miño, Perbes e Ribeira perderon as Bandeiras Azuis por non ser quen o concello de atopar socorristas titulados.[3]