Poscolonialismo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O poscolonialismo, tamén coñecido como teoría poscolonial, trata dun conxunto de teorías que lidan co legado da colonización española e portuguesa dende o século XVI até o XIX, ou coa británica e francesa durante o século XIX. Como teoría literaria, ou postura crítica, trata a literatura producida en países que foron ou son aínda colonias doutros países. Tamén analiza os efectos do coñecemento producido nos países colonizadores sobre os países colonizados, ou os seus habitantes. A teoría poscolonial formou parte das ferramentas críticas dos anos 1980. Esta trata moitos aspectos das sociedades que sufriron o colonialismo: o dilema de constituír unha identidade nacional ó espertar do xugo colonial, a maneira na que os escritores de países colonizados tentan articularse e mesmo celebrar as súas identidades culturais e reclamalas ós colonizadores, os xeitos en que o coñecemento dos países colonizadores axudaron a elaborar unha determinada subxectividad nos colonizadores (a perpetuación das imaxes dos colonizados como seres inferiores), pero tamén o xeito en que ese coñecemento xerou tamén revoltas anticoloniais.