Pontificia Universidade Católica de Chile
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Pontificia Universidade Católica de Chile (en castelán: Pontificia Universidad Católica de Chile) é unha universidade chilena coa súa sede central situada na cidade de Santiago de Chile. A universidade foi fundada o 21 de xuño de 1888 grazas á iniciativa do Arcebispo de Santiago de Chile, Mariano Casanova e o primeiro reitor da institución foi Joaquín Larraín Gandarillas[1].
Datos rápidos Datos xerais, Datos actuais ...
Pontificia Universidade Católica de Chile | |
---|---|
Datos xerais | |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
A institución de ensino superior é unha das mellores universidades de Chile e de América do Sur. No 2010,[Cómpre referencia] aproximadamente o 48% dos mellores alumnos de Chile foron matriculados na universidade.[Cómpre referencia] Desde o 2010, o reitor da institución é Dr.Ignacio Sánchez.