Planctomicetos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os planctomicetos (Planctomycetes) son un filo de bacterias esencialmente acuáticas, que se atopan en mostras de augas mariñas, salobres e doces, ou en chans. Reprodúcense por xemación. En estrutura, son organismos de forma oval e teñen unha especie de prolongación fina chamada talo ou pedúnculo situado no seu extremo non reprodutor, que lles axuda a fixarse durante a reprodución. Estes filamentos que forman parécense aos que forman os fungos e por esta característica foron nomeados Planctomycetes, que significa 'fungos flotantes' (pero non son fungos).
Máis información Clasificación científica, Familias e Xéneros ...
Planctomicetos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||
| |||||
Familias e Xéneros | |||||
|
Pechar
Cavalier-Smith postulou que os Planctomycetes estaban dentro do clado das Planctobacteria do gran clado Gracilicutes.