Piñeiro rubio
especie de planta / From Wikipedia, the free encyclopedia
O piñeiro rubio ou piñeiro silvestre[2] (Pinus sylvestris L.) é unha árbore ximnosperma da familia das pináceas, de folla perenne. As acículas son moi curtas en comparación co piñeiro bravo (de 4 a 6 cm. de lonxitude), ao igual que as piñas (de 5 a 6 centímetros). Os piñóns raramente pasan os 5 mm. e a súa á abrangue entre os 12 e 17 mm. Recibe o seu nome común da cor encarnada da súa casca na parte superior do tronco (nas partes máis baixas ten tonalidade parda), a súa principal característica distintiva.
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Piñeiro rubio | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplares de piñeiro rubio no Parque Natural do Invernadeiro, Ourense | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Pinus sylvestris L. | |||||||||||||||||
Mapa de distribución do piñeiro rubio. |
Pechar
Especie clímax en Galiza no Cuaternario, na actualidade só se atopa nas zonas máis altas grazas a labores de repoboación. A súa madeira é de boa calidade.