Piromanía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A piromanía[1] (do grego πυρός pyrós, "lume" e μανία teima "tolemia") segundo o DSM-V, é un trastorno do control dos impulsos relacionado coa provocación de incendios e a atracción polo lume.[2][3][4] Ó suxeito que padece piromanía denomínaselle pirómano.
Datos rápidos ICD-10, ICD-9 ...
Piromanía | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Rapaz provocando un pequeno lume. | |
ICD-10 | F63.1 |
ICD-9 | 312.33 |
MeSH | D005391 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Pechar
O pirómano non debe ser confundido co incendiario que é aquela persoa que intencionadamente decide provocar incendios con premeditación, con ánimo de lucro ou simplemente por facer dano.
A piromanía forma parte da lenda urbana da tríada psicopática, xuntamente coa enurese e os malos tratos animais.[5]