Phalacrocoracidae
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os corvos mariños (Phalacrocoracidae) son unha familia de aves acuáticas. Aliméntanse dos peixes que capturan baixo a auga. Impúlsanse principalmente coas patas; poden mergullarse durante máis dun minuto, e alcanzan unha profundidade de aproximadamente 10 m. A diferenza das plumas da maioría das aves acuáticas, as plumas dos corvos mariños non son completamente impermeables, o que lles permite afundirse e mergullar con facilidade. Unha vez en terra, estenden as ás para secalas. Ademais, regulan o volume dos seus sacos aéreos.
Corvos mariños | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Phalacrocorax urile. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
|
Existen unhas 30 especies de corvos mariños, e é seguramente o corvo mariño grande o máis estendido. Vive en lagos e estuarios, así como nas costas e constrúe o seu niño en cantís ou en árbores. Ten un tamaño de até 90 cm de longo e pódese atopar en augas doces e costas de todo o mundo.