Perca común
From Wikipedia, the free encyclopedia
A perca común (Perca fluviatilis) é un peixe da familia dos pércidos. É unha especie depredadora de perca que habita en Europa e no norte de Asia. A especie é unha presa habitual para os pescadores con anzol, e foi amplamente introducida alén da súa área nativa, en Australia, Nova Zelandia e Suráfrica. Por mor disto, causaron un grave dano ás poboacións de peixes nativos de Australia e foi declarada unha especie nociva en Nova Gales do Sur.[1]
Perca común (Perca fluviatilis) | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
'Perca fluviatilis' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||||||
Vermello: nativo Verde: Introducida |
A perca común é de cor verde coas zonas pélvica e as aletas anal e caudal de cor vermella. Teñen entre cinco e nove barras verticais nos laterais.
A perca común pode variar moito entre diferentes corpos de auga. A súa esperanza de vida é duns 22 anos, e as percas máis vellas son moito meirandes do nomal, sendo o tamaño máximo rexistrado de 60 cm de lonxitude. O récord británico é de 2,8 kg, pero son maiores as da Europa continental que as das illas Británicas. O desove da perca prodúcese (no hemisferio norte) a finais de abril e comezos de maio, depositando os ovos sobre plantas acuáticas, ou en pólas de árbores e arbustos inmersas na auga. Os ovos non eclosionan até o mes de xullo.