Península de Mornington
From Wikipedia, the free encyclopedia
A península de Mornington (en inglés Mornington Peninsula) é unha península situada ao sueste de Melbourne en Victoria, Australia, rodeada pola baía de Port Phillip ao oeste, pola baía de Western Port ao leste e polo estreito de Bass ao sur.
Case a totalidade da península, despois da chegada dos europeos foi deforestada para a agricultura e os asentamentos humanos, pero quedan aínda algúns restos no sur e no oeste da península, e entre eles algúns están protexidos no Parque Nacional da península de Mornington.
Ao redor de 135 000 persoas viven na península, sobre todo en pequenas cidades na costa oeste, que ás veces considéranse como suburbios periféricos de Melbourne, e gran parte desta zona considérase actualmente como zona de influencia de Melbourne (cidade situada a uns 45 km).