Película fotográfica
From Wikipedia, the free encyclopedia
No uso común, o termo película fotográfica refírese a unha emulsión que contén unha substancia sensible á luz como nitrato de prata sobre unha capa plástica. As máis modernas capas fotosensibles son de sales de prata cun tamaño variable do cristal que afecta á sensibilidade da película. Cando esta emulsión é sometida a unha exposición controlada de luz ou raios X unha fotografía pode imprimirse nela. É entón cando os procesos químicos do revelado han de aplicarse á película para crear unha imaxe estable e inalterable en futuras exposicións á luz.
A fotografía en branco e negro usa unha soa capa de prata, mentres que as películas en cor usan tres capas.