Pedro González de Mendoza (1428-1495)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Pedro González de Mendoza, nado en Guadalaxara o 3 de maio de 1428 e finado na mesma cidade o 11 de xaneiro de 1495, foi un eclesiástico, político, militar e mecenas castelán, coñecido como Gran Cardeal de España.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pedro González de Mendoza.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Mendoza constitúe unha das figuras máis brillantes da aristocracia da segunda metade do século XV, no paso do mundo medieval ao moderno:
- Encumbrouse na Igrexa española grazas á súa liñaxe, pero tamén á súa formación universitaria, xenealoxista e coñecedor de historia e nobiliaria; destacou como administrador de asuntos de Estado e por preocuparse da educación do clero. Por outra banda, a súa vida privada foi ao estilo da época; tivo varios cargos, residiu na corte e lexitimou aos seus fillos naturais.
- No político, o cardeal alcanzou grande influencia con Henrique IV de Castela e co papa Sisto IV, e en tempos dos Reis Católicos dicíase que era «o terceiro rei de España». Prosperou entre guerras civís e cambios grazas aos seus grandes méritos como conselleiro de Castela, axente diplomático e bispo-guerreiro, e á súa capacidade para adaptarse, permanecer xunto ao triunfador e practicar o nepotismo.
- No cultural Mendoza foi un mecenas excepcional e un dos responsables de tres cambios fundamentais na mentalidade moderna: o avance do Renacemento en España, o descubrimento de América e a expulsión dos xudeus españois.